A Mega Drive tivo grandes RPG's, e este é un bo exemplo. Trátase dun action RPG, largo, detallado, enrevesado e espectacular. Tomamos o control dun espadachín, que tras unha larga misión vai de vacacións o reino veciño, onde o rei é irmán do seu rei. Xa ó chegar ve que algo vai mal, ó chegar ó palacio o rei pono rápidamente en antecedentes....
A partir daquí, mazmorras, batallas en tempo real, espadazos, feitizos, adiviñanzas, todo elo con uns tempos de carga moi rápidos -alabados sean os cartuchos- e unha magnífica banda sonora. Os que vos guste o rol, non podedes deixar pasar este xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario