Golden Axe, The Revenge of Shinobi e Streets of Rage, xuntos nun cartucho. Case nada.
O primeiro deles, o Golden Axe, saltou directamente das recreativas á Mega Drive, sen perder nin un ápice de calidade. Calquer bo aficionado as recreativas o coñece, e é un clásico imprescindible en toda colección de Mega Drive. No comezo do xogo podemos elixir entre manexar un bárbaro, un anano ou unha amazona. Todos teñen as súas ventaxas, e os seus inconvintes, hei de recoñecer que o meu favorito era o anano. Básicamente imos avanzando polas pantallas matando todo o que nos sae ó paso, temos que evitar que o malvado Death Adder remate co reino de Yuria. Aparte das nosas armas, tamén podemos facer maxias, gracias a unhas botellas que imos recollendo tras zouparlle a uns ananiños azuis con saco que aparecen de vez en cando. A amazona é a que ten a maxia máis potente, pero tamén a que ten menos ataque físico. O bárbaro é o máis compensado, e o anano é o contrario que a amazona. Esto faime pensar que nun principio o xogo estivo pensado para ser un RPG, pero non o sei, é simple suposición.
En The revenge of Shinobi tomamos o papel de Joe Mushashi, o mestre Shinobi, e tentamos rematar co sindicato do crime chamado Neo Zedd, que mataron o noso sensei e raptaron a nosa moza. O ataque básico é con shurikens, limitadas, así que a veces hai que loitar corpo a corpo. Tamén podemos utilizar diversas maxias, como desdoblamento ou momentánea inmunidade. ë un xogo largo e díficil, pero moi, moi divertido, todo un clásico.
Por último, e non por eso peor, Streets of rage. Despois de que Nintendo conseguise o mítico Final Fight para a súa Snes, a Sega non lle quedaba máis remedio que "inventarse" un xogo para facerlle a competencia. E daí saiu o Streets of rage. Tres compañeiros deciden loitar contra o sindicato do crime de Mr. X, abandonando para elo a policía. o resto da historia é coñecida, de paseo polas rúas e a zoupar en todo o que se mova. un aspecto novedoso en este xogo é a presencia de "maxias" ou axudas (un coche de policía, por exemplo) que poden ser chamadas polos xogadores en situacións de apuro. Como curiosidade, decir que este xogo foi programado polo mesmo equipo que fixo The revenge of Shinobi.
Realmente é un grandioso cartucho este. Tres xogazos míticos en un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario