28/4/08

Mortal Kombat 3



¿Hai alguén que non coñeza a saga Mortal Kombat? Nesta terceira edición "occidentalizaronse" os escenarios, pasando de localizacións típicamente orientais a outras moito máis recoñecibles para nós. Como sempre, en esta parte houbo baile de loitadores, apareceron varios novos, outros desapareceron, e outros seguiron o pe do canón (¡¡¡Sub-zero rules!!!).

Ademáis dos míticos fatalities, continuan os babalities e friendship, e introducense os animalities, onde o loitador se convirte nun animal para matar o seu adversario. Outra novedade é a posibilidade de correr, cousa que antes de este xogo non se podía facer nos xogos de loita.

Seguramente a seña de identidade dos MK sexan os seus gráficos, mezcla de debuxos con sprites dixitalizados de actores reais, e os litros de sangue que se verquían en cada combate, feito polo que foi unha saga moi criticada polos "puritanos". En fin, eu farteime de xogar e aínda non fixen un fatality pola rúa (eso si, tampouco foi por falta de gañas ;) )

No hay comentarios: