28/4/08

Soleil



Outro RPG. Este cos textos íntegramente traducidos o español, cousa rara naquel tempo. Se o Zelda foi o buque insignia dos action RPG en Nintendo, o Soleil foino na Mega Drive. A estética é moi parecida, en canto a gráficos e desenvolvemento, pero a historia é diferente.

Primeiramente, enteraste de que os monstros xa non temen á luz, e andan como queren polo mundo adiante. Despois, e tras aprender a usar a espada, os humanos perden a facultade de comunicarse, pero a cambio aprendes a comunicarte con animais e plantas. Así, pouco a pouco, vas resolvendo puzzles, ata conseguir que os humanos recuperen a comunicación, e devolver os monstros a onde deben. Polo medio, contas coa axuda dos animais, que teñen diferentes habilidades que che farán a vida moito máis sinxela. Por orixinalidade, é considerado o mellor action RPG da 16 bits de Sega, cousa que eu non contradirei, nen moito menos.

No hay comentarios: