Pois tras empezar con Mario, que menos que agora facer referencia ó seu rival, á mascota da compañía rival. Sega e Nintendo tiñan unha gran loita a finais dos oitenta e comezos dos noventa. A rivalidade Master System Vs Nes, seguida pola Mega Drive Vs Super Nes é a máis mítica da historia dos videoxogos. Nintendo tiña a Mario, e Sega necesitaba un heroe, unha mascota, un mito. E para elo creou a Sonic, un ourizo azul que corría a todo correr, se facemos caso do libreto, alcanzaba a velocidade do son.
Así que, no 1991, Sonic sustituiu a Alex Kidd como mascota de Sega. E fíxose enormemente popular, co que Sega logrou o seu obxectivo. En canto o argumento do xogo, Sonic debe salvar os animais do seu planeta do Dr. Robotnik, que os ten secuestrados. Para iso usa o seu ataque xiratorio, que lle permite destruir os seus inimigos, tanto saltando, como rodando polo chan. Como no Super Mario, Sonic morre se lle tocan, a menos que teña recollido aneis, neste caso perde os aneis (recordemos que Mario tamén tiña a opción de salvarse tras coller un cogumelo). Recollendo aneis, podía conseguir unha vida extra. Ó longo do xogo había diversos monitores de tv, rompendoos Sonic conseguía diferentes power-ups, como invencibilidade, maior velocidade, protección, vidas, ou aneis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario