6/5/08

Rastan



Este foi o primeiro xogo que comprei para a miña Master System. Un xogazo, mezcla de plataformas e acción, onde manexamos un bárbaro (¿Conan? jeje), que reparte espadazos por todolos lados e de todalas maneiras. O xogo ten sete fases, divididas en tres pantallas, e na última de cada fase estaba o xefe final, empezando por un centauro e rematando, como non podía ser de outro xeito, cun dragón.

O longo do xogo podíanse recoller diferentes armas, que tiñan unha duración temporal, nada de mantelas mentres non che toquen ou mentres non morras. Empezabas cunha espada normal, a arma por defecto, e a que sempre tes cando perdes as outras. Logo podías recoller un machado, unha maza, e unha espada flamíxera, que era a mellor de todas, pois lanzaba bolas de lume a distancia. Unha das características do xogo era que tiñas barra de vida, que podías ir enchendo se atopabas menciñas (botes con líquido azul), perdendo se che tocaban ou recollías veneno (eran botes con líquido vermello, e danche puntos por recollelo, non ten outro sentido), e enchíase por completo se atopabas a cabeza de carneiro.

Cheguei a saber o xogo de memoria, encantame. Non debe faltar en ningunha colección de Master System, e se non sodes coleccionistas, pero vos gusta xogar, non deixedes de probalo.

No hay comentarios: